A ZONA

Descoñécese a orixe exacta dos viñedos na Ribeira Sacra, adxudicados a escravos romanos, segundo algúns historiadores, o que si sabemos é que os mosteiros cistercienses foron unha importante canle de transmisión de coñecementos, que foron tamén quen de conservar o privilexiado patrimonio da zona.

Dende os séculos XII e XIII estes monxes foron capaces de conservar as videiras autóctonas e importantes adegas de garda, onde aínda hoxe en día se elaboran viños de alta calidade con apego ancestral.

Adegas PREANES e os seu viñedos están situados nunha comarca privilexiada para o cultivo de uva, en socalcos de case insalvable pendente herdados doutra época e cun microclima e unha estrutura de solo que confiren aos seu viños un carácter singular.

Nesta zona sobrevive unha tradición vitícola histórica que se foi transmitindo entre xeracións, conservando deste xeito as técnicas de cultivo e elaboración que imprimen un marcado terroir aos nosos viños.