O VIÑO

A viticultura da Ribeira Sacra, está considerada como viticultura heroica, dado o esforzo que deben realizar os viticultores nas labores de cultivo da uva.

Non en van esta zona está considera como viticultura de montaña, debido que as pendentes dos viñedos poden chegar ao 70% de inclinación, como é o caso dunha das fincas de Adegas PREANES, As Oubenzas

A complexa e diversa orografía da zona fai que as fincas sexan de pequeno tamaño e moi diferentes entre elas, outorgándolle aos caldos distintos matices organolépticos.

Os microclimas que inflúen nas nosas fincas son ideais para o cultivo da variedade Mencía, de ciclo curto, moi aromática e de boa maduración.

Os solos son minerais, debido a súa escasa profundidade, característica que se aprecia no noso viño, o cal supón ademais que a cepa se autorregule na produción de uva, pouca e de boa calidade.

Para Adegas PREANES as labores na viña cobran grande importancia, primando a conservación da cepa e o arraigamento desta ao solo. Deste xeito, as podas son moi restritivas e os abonados non existen, na procura de que sexa a cepa a que afonde nos solos minerais das nosas viñas.

A vendima ten lugar no momento no que a uva posúe un equilibrio na súa composición, para poder obter uns viños harmoniosos.

A enoloxía concíbese como un proceso natural onde, en primeira instancia, ten lugar a fermentación alcohólica e en segundo lugar unha desadificación natural, a fermentación maloláctica. Despois de estabilizarse o viño dende o punto de vista microbiolóxico, repousa na adega a temperatura estable onde ten lugar una autoclarificación natural para deste xeito evitar outros procesos.

Unha vez rematado o inverno, o viño será embotellado.