RIBEIRA SACRA D.O.

No ano 1993 aprobouse o regulamento Viños da Terra, pero o despegue definitivo e progresivo non se produciu até 1996 coa aprobación definitiva da Denominación de Orixe. O único camiño que lle queda hoxe a unha comunidade de produtores é a profesionalización da xestión, regra sagrada para competir con acerto nos mercados.

O Consello Regulador de Ribeira Sacra ten tres cometidos esenciais: garantir a orixe do produto, asegurar a calidade do mesmo e promocionar os viños producidos ao amparo do D.O.

Nos aspectos puramente produtivos, o persoal cualificado do Consello e unha comisión técnica independente encárganse dos controis para que o produto final cumpra as normas previstas polo Consello relativas ao viño.

A rexión vitícola de Ribeira Sacra enmarcase nas provincias de Lugo e Ourense, e as zonas de producción están situadas nas ladeiras dos ríos máis importantes de Galicia, Sil e Miño, así como os seus afluentes. Estes accidentes xeográficos, en moitos casos fan de límite entre as distintas subzonas da denominación de orixe, Ribeiras do Sil, Amandi, Quiroga-Bibei, Chantada e Ribeiras de Miño.

Nesta última zubzona é onde se atopa a adega, así como o viñedo de PREANES, quedando enmarcada na subzona de Chantada o outro terreo de cultivo de uva da adega, finca As Oubenzas.