A ADEGA

Adegas PREANES, xorde como resultado da inquedanza, dun grupo de amantes da viticultura, da súa unión e esforzo, cun obxectivo prioritario, dar a coñecer Ribeira Sacra por todo o mundo a través da calidade dos seus viños, baixo a dirección técnica de Roberto Regal, enólogo e viticultor.

Os viñedos cos que conta a sociedade, son o de Preanes, pertencente na antigüidade á familia dun dos socios fundadores, e As Oubenzas, adquisición que tivo lugar en 2009, momento en que saíu ao mercado o primeiro viño. Preanes 2009.

A adega está situada no lugar de Mourelos, no concello de O Saviñao, sendo esta una construción moderna dotada de tecnoloxía e construída con criterios arquitectónicos tradicionais da zona.